CIENCIAS SOCIAIS

MAPA DA NOSA ROUPA

Aquí deixamos o link para que poidades ver o mapa onde sinalamos a orixe da nosa roupa.
A cor amarela corresponde a Aitana, a lila, a Ainhoa; a cor rosa, a Adrián e a cor azul, a Pablo.
EMPRESAS DESLOCALIZADAS

Un estudo da Universidade de Vigo conclúe que a globalización está obrigando ás empresas galegas a "deslocalizar" parte da súa produción como "unha alternativa de supervivencia". Así se desprende dos resultados do estudo sobre "Situación e perspectivas da xestión loxística nas empresas galegas, unha alternativa de supervivencia", realizado polos profesores Carlos Prado, Jesús García e Ana Mejías.
O estudo, financiado pola Consellería de Economía e Industria, céntrase en catro sectores estratéxicos da economía galega: a alimentación (conxelados e conservas); o téxtil-moda; a madeira (fabricación de mobles de cociña), e o granito.
Según informou a Universidade, o informe tomou como base a situación das 36 principais empresas destes sectores, compañías que son relevantes no ámbito nacional e internacional.

Como exemplo de esta deslocallización imos analizar por enriba tres empresas da nosa contorna: Valeo, Prevent e Draka Cables.

Valeo

Valeo é un proveedor do sector de automobilístico, socio de todos os fabricantes de coches do mundo. É unha empresa tecnolóxica, que ofrece sistemas e equipos innovadores para a redución das emisións de CO2 e desenvolve sistemas e tecnoloxías para un manexo máis intuitivo do automóbil.

Draka Cables

É unha empresa que fabrica cables para a industria da automoción. Pertence ao grupo Prysmian Group e é unha compañía global presente en 50 países, con 88 plantas de fabricación, 17 centros de R&D e con 19.000 empregados.

Prevent

Prevent Vigo S.A. dedícase á produción de fundas de asentos para os automóbiles do grupo PSA CITROËN.


A caída da produción de Citroën non explica por si soa a saída de tres multinacionais en pouco máis de seis meses. Pese a todo, Prevent Vigo pechou as portas da súa factoría en Mos. A fábrica, que nun principio dixo que se trasladaba a Marrocos, desviarase a unha planta en Bosnia, pero, en calquer caso, os motivos son: aforro de costes gracias a unha man de obra máis barata e unha loxística ata cinco veces máis barata.
Uns meses antes que Prevent, a fábrica que a multinacional francesa Valeo posuía en O Porriño foi vendida a dúas empresas do sector da automoción, Cablerías Auto e Talleres Viza.
Tras Valeo foise Draka Cables. A holandesa especializou a planta de Mos en cables para a automoción. Os seus tres principais clientes, todos auxiliares da automoción, deslocalizáronse ou atravesaron unha crise de subsistencia. A fábrica Lear foise a Polonia e pasou a surtirse da planta de Draka na Répública Checa. E a xaponesa Yazaki, asentada en Portugal e proveedora direta de Citroën, anunciou o peche da súa planta en Ovar, no norte de Portugal, e o seu posible traslado ao norte de África. 

CONDICIÓNS LABORAIS DE BANGLADESH

A pesar dos continuos esforzos nacionais e internacionais para mellorar as perspectivas económicas e demográficas, Bangladesh segue sendo unha nación en desenvolvemento.
Debido aos baixísimos costes laborais no país, dada a alta tasa de pobreza e a baixa ou inexistente proteción social, as principais compañías téxtiles multinacionais están instaladas en Bangladesh. Desde 2005 producíronse polo menos 700 mortes de traballadores por incendios nas fábricas.
A pesar de que dous terzos da poboación se dedica á agricultura, máis das tres cuartas partes dos ingresos de exportación proceden da industria téxtil, a cal comenzou a atraer aos inversores extranxeiros na década de 1980, debido en gran parte á man de obra barata e aos baixos impostos. En 2002, esta industria exportou máis de cinco mil millóns de dólares en produtos e actualmente emprega a máis de tres millóns de traballadores, dos cales o 90 % son mulleres. Unha gran parte das ganancias das divisas do país tamén proveñen das remesas enviadas polos bangladesíes que viven no extranxeiro.

Por iso, en Bangladesh, os traballadores están sometidos aos empresarios, non teñen dereitos laborais, con baixos salarios e horarios interminables; unha situación moi diferente da que temos nos países de Europa Occidental.

EMPRESA CON SITUACIÓN LABORAL NEGATIVA


Imos falar de Linorsa, unha empresa dedicada á limpeza e ao mantemento integral de instalacións dende o ano 1981 que agora mesmo pasa por dificultades para pagarlles aos seus traballadores, que reclaman o pago do salario de decembro, as pagas extras e os atrasos de 2014 e 2015.

Ante esta crítica situación, os traballadores están decididos a retomar as movilizacións, tanto en Vilagarcía como Pontevedra e Vigo. Antes, esperarán a que as administracións contesten os seus escritos informándolles das novidades neste conflito laboral. Actualmente, a empresa debe aos empleados a nómina de decembro, media paga extra de Nadal e os atrasos de 2014 e 2015, que deberían aboarse antes do 30 de novembro.





Nesta ligazón atoparedes información relevante sobre as condicións laborais dun país: www.enfervalencia.org/ei/anteriores/articles/rev56/artic10.htm







No hay comentarios:

Publicar un comentario